Epílogo 01
A saúde dun río

Bioloxía e ecoloxía son dúas verbas chave na orixe dun Museo que en 2005 abriu as súas portas en Vila Nova de Cerveira. Impulsado dende a Universidade de Porto, grazas ao tesón e esforzo do seu director, Carlos Antunes, o AquaMuseo do rio Minho permite ao visitante internarse nun enorme acuario que simula unha viaxe polo curso do río.

A aparición de especies invasoras, microplásticos, hormonas e antidepresivos supón unha alarmante chamada de atención. Cen quilómetros río arriba, na outra beira, atopámonos no Museo Etnolóxico de Ribadavia cun mozo comprometido en corpo e alma co río: Juan López Muriel, pescador e bombeiro; para os amigos, Roi.