O Miño ábrese paso ante a mirada atenta dos seus habitantes. Voces que se alternan, levando con elas as nosas lembranzas. No alto, a muralla preside o horizonte. Milleiros de callaos fannos lembrar a presencia do río. Pío Baroja chegou ata o alto e sucumbiu á súa soberbia.
Lucus Augusti, cidade romana. Outros tantos viaxeiros plasmaron as súas impresións no papel. No verán, aquí as augas do río énchense de flores. Aínda se escoitan as voces dos bañistas… A ponte romana é a saída cara o sur.
El valle del Miño
Lugo, 1920-1936
AHPLu_LOTY 28086
«La muralla de Lugo, que dicen que es de origen romano, en algunas partes es soberbia. Desde sus baluartes se descubren hermosos panoramas. El río Miño es también soberbio, muy ancho, muy azul, con orillas frondosas.»
PÍO BAROJA
Sobre la ruta del General Gómez por los caminos de España. De Oviedo a Santiago de Galicia. Estampa (Madrid. 1928). 16/3/1935, páxina 39.
Peza audiovisual que nos mergulla nas augas do Miño ao seu paso pola cidade de Lugo e remóntanos cen anos atrás. É verán e os bañistas divírtense arredor do balneario tras o obxectivo da cámara Antonio Passaporte, Delgado Guisasola y Arribas.
Retrato de bañistas nun trampolín.
Lugo, 1943
Arquivo Municipal. Concello de Lugo.
Colección Delgado Guisasola
Familia Antonio Fernández Márquez
Lugo, 1926
Arquivo Municipal. Concello de Lugo.
Colección Delgado Guisasola
Retrato colectivo de bañistas no río Miño
Lugo, 1926
Arquivo Municipal. Concello de Lugo.
Colección Delgado Guisasola
Retrato dun home pescando nunha barca no río Miño. Lugo, c. 1926
Lugo, c. 1926
Arquivo Municipal. Concello de Lugo.
Colección Delgado Guisasola
Retrato dun grupo de persoas á beira do Río Miño
Lugo, c. 1926
Arquivo Municipal. Concello de Lugo.
Colección Delgado Guisasola