Capítulo 09
A foz

A foz do Miño
dende o Miradouro do Cervo

Vila Nova de Cerveira, Portugal, 2023

1. O esteiro

Dende o Miradouro do Cervo as augas do Miño discorren tranquilas ao seu encontro co océano Atlántico. A impermeabilidade do granito asegura a intensidade do azul. Nun intercambio de augas salgadas e doces marcado polo vaivén das mareas, a vida na foz descansa entre illas, bancos de area e marismas salgadas.

No inverno as aves do norte fan a súa parada estratéxica para continuar rumbo a África. Ao lonxe elévase o monte de Santa Tegra, un lugar privilexiado por onde o mar entra e leva consigo as nosas lembranzas.

El gran río en el último trozo de su estuario en lucha con la fuerza de la marea, cubre y descubre bancos arenosos en largas elipses entre Tabagón y Camiña, en paisaje de incomparable sintetismo de motivos y formas de seductor interés para los espíritus preocupados de la evolución de la morfología terrestre y la estética de sus conjuntos.

OTERO PEDRAYO
Guía de Galicia
Galaxia, Vigo, 1954
(Primera edición, 1926)

O final do Miño

Vila Nova de Cerveira. Portugal, 2023

Grupo de persoas na Ponte sobre o río Coura

Caminha, Região dos Vinhos Verdes, 1939-1940

Centro Português de Fotografia

Leitor, se aprecias sensaçoes que te encantem, ñao passes por Caminha sem subires ao baluarte de Santo Antonio, para extasiares n’este magnifico panorama.

Aquí estamos no alto. Á esquerda o océano a roncar. Em nossa frente, na margen da Galliza, a colosal e recortada montanha de Santa Tegra, de effeito ainda mais oimponenete por ficar entre duas planicies, toda verdejante na falda, no cimo ouriçada e silvestre. Na mesma frente o rio Minho em toda a sua largura a desaguar na foz. Na margen portuguesa, defronte da montabha de Santa Tegra, Caminha, a candida, beijada pelo Minho, o beijada tambem á sua direita por outro rio, pelo Coura, que ali mesmo vem misturar-se no Minho

Antonio da Costa
«NO MINHO»
Lisboa, 1874

2. O gardián da fotografía

Aló onde o Miño se atopa co Atlántico, Antonio Martínez fálanos da súa paixón: a fotografía. Unha vida enteira de búsqueda e custodia. O único propósito, salvagardalas do esquecemento.

Foto Buch

Serie de postais realizada polo mestre pioneiro da fotografía Ramón Buch y Buet

A Guarda, c.1870

Colección Antonio Martínez

Mariano Jiménez

A botadura do barco Río Miño [Serrerías Nandín]. Portugueses recollendo algas. Forte da Ínsua. A pesca da lacha

Foz do Miño, Caminha-A Guarda, c.1900

Colección Antonio Martínez

3. Atlántico

O sol ponse ao fondo do Atlántico. A nosa viaxe chega á súa fin. Percorremos máis de 300 quilómetros dende que sentimos o primeiro latexo do río. Ás veces inando, sorteando obstáculos, leva os anacos de vida que fomos depositando nas súas augas, coma sedimentos que conforme avanzan van mudando. A liña de encontro entre a auga doce e a auga salgada faise cada vez máis nítida.

¡Adiós, riberas del Miño!
mis ojos no pueden veros
y lloran al ofreceros
un recuerdo de cariño.
Empecé á saber sentir
en tu perfumado suelo...
bajo el azul de tu cielo
quiero, Galicia, morir!

FILOMENA DATO MURUAIS
Madrid, marzo, 1875
«Á Galicia»
Penumbras, Madrid, 1880

Mariano Jiménez

Inauguración do Clube Náutico

Praia Os Muiños. A Guarda, 1934

Col. Antonio Martínez

Tamén eu algún día
sombre serei, pro sombra namorada,
e voltarei a ti coas anduriñas
nunha outra mañán crara
pra ollarte pasar
-forte varón da auga-
i escoitar e teu canto de esperanza.

CELSO EMILIO FERREIRO
«Loubanza do Pai Miño»
Onde o mundo se chama Celanova
(Madrid, 1975), 90 [fragmento]

Moledo

Viana do Castelo, c. 1900

Arquivo Municipal de Lisboa

O peirao de A Guarda. Dende San Francisco

Ed. Hotel Intercontinental, c. 1930

Col. Antonio Martínez. Museo de Pontevedra