Capítulo 03
Ribeira Sacra

O río acompaña ao viaxeiro ata un lugar onde o tempo se detén. É a Ribeira Sacra, sabedoría ancestral que no presente esperta os nosos sentidos. Máis viva ca nunca, os ecos do románico transcenden a vertixe e en cada estación aparécese unha gama nova de cores. É tamén un santuario botánico, con carballos de máis de medio século e campos de vide milenarios. Lonxe queda o silencio dos mosteiros. É outro silencio. Sacra.

«Se goza en las orillas del Miño de un ejemplar reposo: parece este río como si estuviera destinado a regar la huerta de un convento, de uno de esos conventos medioevales, que, en el fondo de un valle ubérrimo, lejos de todo trato humano, parecen haberse construido para admirar a Dios en los frutos de la tierra y amarle en la esperanza de una vida de la que ésta del mundo es sólo corta etapa, que por necesidad se pasa y por voluntad se desprecia.»

«Lugo. Del Miño tranquilo»
PEDRO FERRER
Portfolio Galicia

1. Cabo do mundo

O tesón e a ilusión por preservar o patrimonio etnográfico, histórico e artístico da Ribeira Sacra propiciaron a creación do EcoMuseo de Arxeriz. As vistas ao Cabo do Mundo dende alí son privilexiadas. A primeira hora da mañá, a brétema ascende paseniño para desvelar o mansío dun meandro espectacular. Son as curvas do Miño, mares interiores de Galicia, onde a quietude espértanos a memoria e convida á reflexión.

Ven, ¡mira la tarde
qué suaves reflejos
proyecta en las nieblas
que se extienden del valle a lo lejos,
¡qué alegres rumores!
¡qué azul está el cielo!
¡qué hermosura es tu alma!
y qué tristes mis recuerdos.

SOFÍA CASANOVA
Nieblas del Norte

2. Lugares de paso

Noutro tempo a navegación facíase indispensable para a conexión entre as dúas beiras e os seus habitantes. Calcúlase que cada 5 km había un lugar de paso que permitía a descarga de todo tipo de mercadorías e gando camiño da feira. De Portomarín a Nogueira de Ramuín, sen esquecer os pasos do río Sil, no Museo de Arxeriz renden homenaxe a estes puntos de cruce.

Xoaquín Lorenzo Fernández

Barca de Barbantes, 1950 ca.

Museo Arxeológico Provincial de Ourense

3. Un antes, un despois

Dous grandes encoros delimitan o curso do Miño ao seu paso pola Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, rematado en 1963 e, uns 30 km río abaixo, o encoro dos Peares, inaugurado en 1955. Atrás quedaron as correntes caprichosas que outrora formaban as pesqueiras, agardando a chegada das troitas e os salmóns que ascendían dende a foz. Testemuño, e hoxe símbolo de todo isto, érguese a igrexa de Santa María de Pesqueiras. É a morte da cultura fluvial, dun xeito de vida arredor do río.

Pando Barerro

Salto de Belesar. Obras de contrucción del embalse

Lugo, 1959

IPCE. MCD

Cinco son os encoros que regulan o Miño: Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira. A xestión responsable e un consumo moderado da auga son agora a nosa meta principal.

4. A arte da vide

Cando o sol se reflicte na aba leste ao final do inverno, os campos de vide vólvense alfombras de ouro. Aínda quedan meses para a vendima, pero o mantemento é continuo. As cepas alíñanse ao longo de estreitas terrazas de terras areosas. O desnivel é extremo nalgúns casos. O esforzo, heroico. Hoxe representa toda una industria que rolda o cento de bodegas. Uvas brancas: albariño, treixadura, godello, dona Branca, torrontés… Uvas tintas: mencía, brancellao, merenzao, araúxo, sousón, caiño tinto. Do amarelo máis claro ao vermello carmín. Todo comezou coa chegada dos mosteiros.