Capítulo 08
Memorias
dende A Raia
1. O lanzo da cruz

Non lonxe do río, no barrio de Torrón, sonan os primeiros redobres de tambores. É o sinal do comezo do Lanzo da Cruz, unha romaría que se celebra dende tempo inmemorial cada Luns de Pascua e que hoxe atopa a súa única representación en dúas comunidades raianas: a Parroquia de Sobrada (Tomiño) e Cristevo do Covo (Valença do Minho).

O encontro prodúcese no medio do río. As músicas de entrambas beiras entrecrúzanse, igual cás cruces dos párrocos encargados de bendicir o río. Dá comezo o ritual: por un bo ano de pesca e a protección dos barqueiros contra todo perigo. Nun día radiante de sol non hai que esquecer as ameazas do río, as grandes pedras e as mestas brétemas polas que tantos afogaron. En agradecemento, os barqueiros afánanse en atrapar unha prezada ofrenda.

2. A distancia
dunha rede

Vinte cinco metros escasos abondan para que todo flúa. Cun acordo tácito, pescadores galegos e portugueses tenderon durante décadas as súas redes alternando os tempos de espera nun mesmo río. Recollemos nos seguintes vídeos as súas lembranzas, xeración tras xeración. Napoleão e Alberto fálannos dende a ribeira de Vilanova de Cerveira, Portugal. Albita, Manolo e Nando fano dende a veciña Goián, España. Lembranzas de esforzo e dedicación e, nos tempos de descanso, romarías e encontros na Ilha dos Amores.

Dois amigos
Napoleão & Alberto

Ambos lembran con nitidez o día que se coñeceron, cando foron á escola por primeira vez. Dende aquela, as súas vidas entrecruzáronse nun ir e vir de experiencias e profesións. Agora pasan os días apegados ao Miño, mantendo vivo o oficio que herdaron: a pesca no río.

A distancia
dunha rede

Aos seus 78 anos, Albita Rodríguez ten moi claros os valores e as normas da pesca en augas transfronteirizas. Sentada á beira do Miño, comparte as súas lembranzas acompañada do seu fillo Manolo e de Nando, veciño tamén de Goián. Dúas xeracións revivindo os tempos prósperos dun oficio ao que se lle veo moi preto o final.

Eliseo Alonso

Escenas de pesca

c. 1930-1950 (?)

Arquivo Eliseo Alonso
Agradecemento a Alicia Alonso

3. Ilha dos amores

Casitas brancas do Minho
Onde guardam os tesouros,
As fadas d’olhos azuis
E lindos cabelos loiros.
Filtros de beijos em flor,
Corações de namoradas,
Nas casas brancas do Minho
Guardam ciosas as fadas

Florbela Espanca
No Minho (1894-1930)

Jorge Marçal da Silva

Ilha da Boega e Ilha dos Amores, no rio Minho

c. 1900

Arquivo Municipal de Lisboa