Capítulo 06
Ribeiro

As fértiles ribeiras do Miño condúcennos á bisbarra do Ribeiro. Dende o Miradoiro dos Chaos a quietude é total. Ao lonxe, un home e unha muller podan as vides para a nova colleita. Atopámonos no curso medio do Miño. Os ríos Avia, Arnoia e Barbantiño fan a súa aparición entre os vales.

As uvas imprégnanse do sabor do Atlántico, non tan afastado, malia a sensación de recollemento que nos invade. Aquí é difícil non deixar atrás algunha aldea coa súa pequena igrexa ou un convento que nos transporte á Idade Media.

O viño novo bébese en cantidades considerables inmediatamente despois da vendima, cando dá unha impresión do verdadeiro zume da uva, co sol aínda dentro. AUBREY F. G. BELL

AUBREY F. G. BELL
(Corresponsal do Morning Post)
Spanish Galicia, 1922

Foto Chao

Viñedos da Granxa de Outeiro

Ribadavia, 1949

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Foto Chao

Curso de Enoloxía

Ribadavia, 11 de xullo de 1933

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Viñedos. tardiña de inverno

Ribeiro. Ourense, 2023

Todo morreu, todo é tan só memoria
do tempo fuxidío ou da borralla.
Somente ti non morres, permaneces
—proteico tren de prata
sobre un carril de seixo-
e rodas sin cesar e nunca pasas.

CELSO EMILIO FERREIRO
«Loubanza do Pai Miño»
Onde o mundo se chama Celanova
(Madrid, 1975), 90 [fragmento]

Foto Chao

No Museo Etnolóxico de Ribadavia consérvase un tesouro para todo amante da historia da fotografía: a colección Foto Chao. Iniciada arredor de 1870 por Serafín Rodríguez, é unha oportunidade única para mergullar no pasado da comarca e das súas xentes. Escenas da vida cotiá tomadas ao aire libre coa propia cidade como decorado. O único que cambia conforme avanzan as décadas son os seus protagonistas e as técnicas empregadas: da albumina e a placa fotográfica ao negativo de 35 mm e a filmina. Retratos entrañables tomados grazas á profesionalidade dunha saga de fotógrafos que non cesou no empeño ata o ano 2005.

Retrato da familia dona do establecemento
de hostalaría «A Parra»

Ribadavia, 1935

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Grupo escolar

Ribadavia, 1930-1940

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Retrato de grupo

1940

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Retrato familiar

Ribadavia, 1930-1940

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Voda.
Porta da igrexa de San Domingos

Ribadavia, 1935

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Foto Chao

Ribadavia, 1920-1930

Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade