Este libro interactivo e sonoro proponnos unha viaxe no tempo. O fío condutor é o curso do río Miño, un río nobre, apracible, melancólico, soberbio, internacional... Ao longo dos máis de 300 km que percorre ata a súa foz, voces de onte e de hoxe atópanse no reflexo das súas augas.
Un ciclo natural en constante circulación. Así é a vida dun río. As enormes cuarcitas do Pedregal de Irimia gardan os seus primeiros latexos. A auga do manancial, a chuvia e os afluentes definen a súa traxectoria. Tres provincias galegas por diante a unha fronteira internacional. Así é o Miño, nunhas partes humilde e silandeiro; noutras, salvaxe e bruante. Seguir lendo
O Miño cingue o oeste da cidade de Lugo deixándose caer cara o sur. Facemos un alto no camiño para contemplar a paisaxe dende o alto da muralla. Unha ponte romana cruza o río. Aos nosos pés parece sentirse o murmurio doutro tempo. É o legado da Hispania Romana. O gurgullar constante das augas termais acentúa a sensación. Seguir lendo
Arribas
Club Fluvial
Lugo, 1950ca
AHPLU
Ao seu paso pola Ribeira Sacra, as luces e as sombras fanse máis intensas. O desnivel das abas descúbrenos vistas oníricas. A quietude, acompasada polo canto dos paxaros, convirte este lugar nun lugar sagrado onde o románico persiste e a modernización réxese pola orografía da paisaxe. Seguir lendo
Miguel Muñiz
Vendimiador
2012
Cortesía do autor
O Sil chega tranquilo e solemne para morrer nos Peares. Respáldano un total de 234 km. Vén de terras leonesas e antes de fundirse co Miño sucou un canón espectacular. En palabras de Unamuno: parece ser a entrada ao corazón de Galicia. Xuntos, Miño e Sil, en diante só Miño, inician a súa nova andadura cara a cidade de Ourense. Seguir lendo
Marqués de Santa María del Villar
Pescadores no río Miño
Os Peares, 1915
Museo Arxeológico de Ourense
As pontes que cruzan o Miño na cidade de Ourense dan conta do paso dos tempos. A Ponte Vella é a primeira en recibir ao viaxeiro. Despois virán a Ponte Nova e dúas máis, ata chegar, nos albores do século xxi, á Ponte do Milenio. A néboa da mañá, porén, semella eterna. Seguir lendo
Nicolás Muller
As Burgas: lavando a roupa en aguas termales
Ourense, 1947-1958
Archivo Regional de la Comunidad de Madrid
Fondo Nicolás Muller
Seguindo o curso do río adentrámonos na comarca do Ribeiro. A beleza esténdese por igual en ambas beiras. Detémonos en Ribadavia, capital da comarca, que nos introduce, coma nun conto, nos chanzos da historia. Vila de cruce de culturas e antesala dunha terra de vides, termas e paz. Seguir lendo
Foto Chao
Ribadavia, 1920-1930
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Preto de 76 km de convivencia transfronteiriza definen o derradeiro treito do río. Séculos e quilómetros de cultura raiana e amizade. Referirémonos ao río Miño ou ao Minho, segundo se mire, fronteira natural entre Galicia e Portugal. Propoñemos unha viaxe no tempo polas páxinas deste álbum dinámico, onde poesía e fotografía son as nosas principais aliadas. Seguir lendo
Conde de Lemos
Río Miño. Fortificaciones
1580
AGS. Estado, Legajos, 00161, 79
O testemuño dos habitantes de entrambas beiras permítenos internarnos nas súas lembranzas. As fotografías que levan consigo dormen en caixóns ou nalgunha estancia dos seus lares. Son memorias de tempos de pesca, de tradición e romaría. Memorias tecidas en colectividade. Seguir lendo
Escultura de Zadok Ben David [2020]
Vila Nova de Cerveira, 2023
Unha vista panorámica dende o alto do Monte de Santa Tegra ilustra o final do noso relato. Transcorreu un século dende que se tomou a imaxe. O río avanza pola foz para atopar descanso no Atlántico. Ao lonxe albíscase unha praia aberta ao mar. Seguir lendo
A foz del Miño
desde el monte de Santa Tegra.
A Guarda. Pontevedra, c. 1925
Col. Roisin/IEFC