Capítulo 04
O encontro

Nos Peares é onde se produce o encontro. Nada máis pasar a ponte ferroviaria aparece o afluente máis importante do Miño: o río Sil. A confluencia é case a partes iguais: o Sil achega 7983 km2 de bacía hidrográfica, un 47 % do total da bacía do Miño. A este lugar chegou a exploradora Catherine Gasquoine co seu home, Walter M. Gallichan.

Corría o ano 1902. Agardábaos unha noite de intensa chuvia; buscaban abeiro tras xornadas intensas de pesca. O son da auga sentíase tan preto que daba a sensación de que ía pasarlles por riba. Catherine necesitou varios días para perder o medo ás crecidas do Miño.

Nos Peares, o Sil morre e o Miño torna nun río ancho que flúe plácido e quedo, con socalcos cubertos de viñas que coas primeiras chuvias de outono tínxense de laranxa intenso e púrpura con franxas rosa alaranxado, marrón e carmesí, e outras dun vermello fermoso, que se oscurece ata o mourado. AUBREY F. G. BELL

AUBREY F. G. BELL
(Corresponsal do Morning Post)
Spanish Galicia, 1922

Non lembro nada daquela viaxe, pero si lembro coma se fose hoxe a nosa chegada a Os Peares. Foi contra a media noite. A noite máis negra que víramos en Galicia. Sabes esa negrura que borra a paisaxe, pero deixa aquí e aló parches grises máis claros que adoptan formas fantasmagóricas. No alpendre da estación non había luz ningunha, agás unha lámpada de petróleo que levaba o jefe de la estación.

[…] A estación atópase xusto por riba do río e é nese lugar onde ao Miño se une a maxestade do Sil e tamén o río Cabe, máis pequeno. O son da auga estaba tan preto que mesmo semellaba o influxo en tromba da marea. Sentín que a auga había vir onda nós. Inda tiveron que pasar moitos días para que perdese o medo á enchente deste río que puña o temor no corpo.

GASQUOINE HARTLEY, CATHERINE
Spain Revisited: A summer holiday in Galicia,1911

Augusto Guedes Pacheco

Vista xeral da ponte de ferro do ferrocarril sobre o río Miño

Os Peares, 1967

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Vistas actuais
Os Peares, 2023